O día 21 de abril foi publicado a Real Decreto-lei 15/2020 de medidas urxentes complementarias para apoiar a economía e o emprego, que incluíu un novo paquete de medidas económicas e sociais centradas no apoio ás empresas e aos traballadores para contrarrestar o impacto do COVID-19.
Estes son os aspectos socio laborais que destacamos:
- A cobertura da prestación por desemprego a traballadores cesados durante o período de proba nun novo traballo e por tanto antes dos tres meses tras unha baixa voluntaria,
- Increméntase o ámbito de aplicación dos ERTES por causa de forza maior para cubrir caídas significativas de actividade naqueles sectores considerados esenciais que viron tamén reducidos os ingresos.
- Amplíase a cobertura establecida na Real Decreto-lei 8/2020 aos traballadores fixos descontinuosc que non puidesen reincorporarse á súa actividade nas datas previstas como consecuencia do COVID-19 e que non cumpren o requisito de situación legal de desemprego, ou non poden acceder á prestación por desemprego por carecer do período de cotización necesario,
- Amplíase dous meses máis, seguindo o establecido polo R. D. Lei 8/2020 o carácter preferente do traballo a distancia,
- Amplíase o dereito de adaptación do horario e redución da xornada para persoas con dependentes a cargo debido á situación de crise sanitaria e durante dous meses máis,
- Disponse neste real decreto que aqueles autónomos que non optasen en prazo por unha Mutua colaboradora da S.S. para a xestión de determinadas prestacións, fágano xunto coa solicitude da prestación de cesamento de actividade,
- Recóllese a suspensión de prazos no ámbito de actuación da Inspección de Traballo e Seguridade Social e loita contra comportamentos que poidan implicar fraude,
- Adóptanse diferentes medidas en relación co aprazamento de débedas coa Seguridade Social de empresas e autónomos.
Podes acceder ao desenvolvemento deste boletín descargándo o seguinte documento .
Servizo laboral de Algalia.