Queremos recoller algunhas aprendizaxes significativas compartidas por RAIS Fundación e UNICEF (Comité español), desde a experiencia de implementación de metodoloxías áxiles nas súas organizacións que valoran de forma positiva, subliñando a importancia de entender estas propostas como un proceso para implementar de forma progresiva, que non serve para todo e igual tampouco para todos ou todas (ás veces hai resistencias coas que lidar), que require unha adaptación e “baixar” desde as teorías ou modelos ás realidades e dinámicas da organización, que necesita dun acompañamento para reforzar as aprendizaxes e aprender a camiñar de maneira autónoma.
Convidámosvos a escoitar a presentacion desde o valor que ten poder “ver”, no concreto, como se desprega a proposta na organización e tendo en conta que son dos poucos testemuños que puidemos atopar no noso sector.
Se queredes máis información, INNOVANDO NA XESTIÓN DOS NOSOS EQUIPOS é a nosa proposta.
Se estás interesado xa te podes inscribir…
Miguel Barbosa
Socio Responsable de Consultoría de Algalia Servizos para a Economía Social