Como organizacións seguímonos atopando día a día co reto de xestionar equipos de traballo e proxectos nunhas contornas cada vez máis esixentes e cambiantes. Para as nosas organizacións é importante manter a capacidade de resposta a situacións de incerteza, de articular equipos humanos e recursos de maneira eficiente e de cumprir con estándares administrativos e de calidade cada vez máis esixentes. E todo isto, mentres promovemos espazos de transformación persoal e social, que buscan selo tanto cara a fóra, como cara a dentro das organizacións.
Esta necesidade de fomentar equipos capaces e humanos fainos estar atentos a diferentes modelos de xestión na contorna das organizacións.
Propoñémosvos un achegamento a dúas miradas e propostas, Agile e Art of Hosting, para coñecer e vivenciar que poden achegar ás organizacións do terceiro sector social.
- Gustaríavos ser parte de organizacións máis humanas e orientadas a propósito, onde se busque aumentar a creatividade, a colaboración e a produtividade?
- Queredes crear e ser parte de espazos para a colaboración e a innovación, emprendendo camiños que se saian dos trazados?
- Credes na intelixencia e acción colectiva e para iso necesitades aprender a promover e activar redes de traballo colaborativo nas vosas entidades?
- Queredes aprender a relacionarvos sen estruturas xerárquicas e gozando do traballo en equipo?
- Confiades na sabedoría de cada ser humano e queredes escoitar e aprender de todas as persoas??
INNOVANDO NA XESTIÓN DOS NOSOS EQUIPOS , é a nosa proposta.
Se estás interesado xa te podes inscribir…
Miguel Barbosa
Socio Responsable de Consultoría de Algalia Servizos para a Economía Social