Estamos a traballar na nova actualización do Ontimize+Integra, que chegará a finais de maio onde se solucionan problemas menores e se incorporarán importantes melloras que farán aínda mais agradable e funcional a experiencia de uso.

As principais melloras funcionais contidas na nova actualización son;

  • Xestor de Familias: podendo xestionar dunha maneira sinxela e áxil as intervencións que xeralmente realizamos coas familias, e xerando as condicións necesarias para que as familias poidan acceder á aplicación, para obter información sobre o usuario dunha maneira fácil e intuitiva.
  • Xestor de Vacacións: dende o cal, o profesional poderá solicitar as súas vacacións e levar un control das súas vacacións.
  • Xestor de horarios e quendas de traballo: imos mellorado o xestor de horarios tanto para servizos como para profesionais, incluíndo as utilidades necesarias para confeccionar os distintos cuadrantes de servizo (diarios, semanais, mensuais ou anuais), visualizar as quendas de persoal previstas ou realizadas, revisar que se cumpran as regras definidas pola entidade.
  • Plans Individuais: Ao xerar un novo plan individual, o sistema lembrarache aqueles obxectivos do plan anterior que non se alcanzaron, posibilitando de maneira sinxela a incorporación ao novo plan individual.

Esperamos que estas melloras axuden a mellorar a experiencia ontimize+Integra.

Miguel Barbosa
Socio Responsable do Área de Consultoría de Algalia Servizos para o Terceiro Sector

Voltar