Qué grande é ser novo!Con 21 anos sentímonos unha empresa e persoas mozas, cheas de enerxía, abertas o cambio, con desexo de vivir novas experiencias e explorar paisaxes suxestivas. Atrevémonos, e acertamos e cometemos erros. Hoxe somos máis conscientes do que queremos, de con quen o queremos… Sentímonos ben, coa determinación de crecer e madurar. Que grande é ser novo!

En febreiro de 2015 comunicabámosvos que iniciabamos un aniversario: “O 31 de xaneiro de 1995 é a data do alta de IAE dunha sociedade que nacía baixo o nome de Algalia. Se trataba dun paso máis no camiño de sete novos que aspiraban a través dun proxecto de autoemprego a canalizar as súas inquietudes, valores e forma de ver o mundo…”.

Agora, máis dun ano despois, finalizamos o noso aniversario e queremos “twittear fóra de twitter”. Queremos dicirvos:

  • Grazas a todos os que contribuístes a facer crecer esta semente que plantamos fai 20 anos e que hoxe é unha árbore frondosa, e en especial a todas as organizacións  que nos escollestes para crecer convosco. Angel.
  • Vinte anos intensos. Intensos de traballo, intensos de creatividade, intensos de compartir cos compañeiros e compañeiras, intensos de coñecer persoas, proxectos e organizacións das que aprender, intensos de alegría, intensos de esforzo, intensos de sufrimento, intensos de aprendizaxe e crecemento, intensos de decisións, intensos de satisfacción polo conseguido, intensos de erros, intensos de levantarse despois de caer, intensos en soños, intensos en pesadelos…Celso.
  • Moitas grazas a moitas persoas e organizacións! Clientes que confiastes en Algalia, traballadoras implicadas no proxecto, persoas que destes soporte e apoio… cantas, uf! David.
  • Imos deixando atrás a mocidade e gañando experiencia, pero seguimos dispostas a que o mundo real parézase cada día máis á nosa forma de ver o mundo. Sempre co voso apoio. Fran.
  • Traballar no que che gusta con quen che gusta. Unha aspiración cumprida. Jorge.
  • Somos o que somos grazas a vós. Grazas e a por outros 20 anos máis. Miguel.
  • Grazas a todos e todas por confiar en nós en todo este tempo. Esperamos seguir traballando e construíndo xuntos moitos anos máis. Rafa.
  • Fai 20 anos apostamos por un “si” á unha aventura, a un proxecto. A vosa confianza e apoio constante transmítenos, día a día , a motivación, seguridade e o espírito de loita que necesitamos para VIVIR ALGALIA! en cada momento. GRAZAS clientes, amigos e a todos aqueles que dalgunha maneira participades nesta aventura. Suso.
  • Con 21 anos sentímonos unha empresa nova,  de persoas de espírito novo, cheas de enerxía  abertas ao cambio. Sempre coa motivación de incorporar novas experiencias e coñecementos, de explorar. Tuco.

1604 Fin aniversario MAFALDA

Socias de Algalia S. Coop. Galega

Voltar