Convocante

Instituto Galego de Promoción Económica

Publicación

Diario Oficial de Galicia

Obxecto

As presentes bases regulan o contido e o procedemento de tramitación das axudas ao financiamento dos investimentos en Galicia por parte das microempresas.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios das axudas previstas nestas bases os autónomos e aquelas empresas que teñan a consideración de microempresa.  Para os ditos efectos, terá a consideración de microempresa a unidade económica con personalidade física ou xurídica que reúna os seguintes requisitos:

  • Que teña menos de 10 traballadores.
  • Que teñan unha cifra de negocios anual ou balance xeral anual que non supere os 2 millóns de euros.
  • Que cumpra o criterio de independencia.
Volver