Convocante
Concello de BarbadásPublicación
Boletín Oficial de Ourense
Obxecto
Constitúe obxecto das presentes bases a regulación da concesión de subvencións con cargo ao orzamento da Concellería de Deportes do Concello de Barbadás en materia deportiva en réxime de concorrencia competitiva.
Con base á súa finalidade distínguense dúas liñas de financiamento:
- Organización de actividades deportivas federadas e outras actividades de especial transcendencia social que contribúa á promoción deportiva.
- Gastos de funcionamento das entidades deportivas por articipación ou organización de competicións e actividades federadas de carácter oficial, ben na tempada ou anualidade que rematen no exercicio orzamentario.
Beneficiarios
Poderán ter a condición de beneficiarios, as asociacións e clubs ou entidades deportivas do municipio de Barbadás inscritos/as no Rexistro de Asociacións do Concello de Barbadás.
Observacións
- Liña de actuación 1ª: 30 días naturais dende a publicación
da convocatoria no BOP. - Liña de actuación 2ª: 30 días naturais dende a publicación
da convocatoria no BOP.