A notificación dun despedimento é un momento delicado tanto para a empresa como para o traballador. Máis aló do contido da decisión, o medio utilizado para comunicala pode ter consecuencias importantes. É válido un despedimento por correo electrónico? Que ocorre se se fai verbalmente ou por WhatsApp? Neste artigo exploramos os distintos medios de notificación do despedimento, a súa validez xurídica e as recomendacións para garantir unha comunicación clara, respectuosa e conforme á normativa laboral vixente.

Cales son os medios válidos para notificar o despedimento?

Os medios de notificación do despedimento admitidos na normativa e xurisprudencia laboral española son diversos, pero deben garantir a constancia escrita, a recepción polo traballador e a posibilidade de acreditar a entrega, o contido e a data. Os medios máis habituais e seguros son a entrega persoal con acuse de recibo, o correo certificado con acuse de recibo e o burofax. Más dubidoso é o uso de medios electrónicos (correo electrónico, WhatsApp). Recorrer a estes medios debe de ser excepcional e só admítese se se acredita a súa recepción e no caso de que fose utilizado como a canle habitual entre as partes, sendo a carga da proba da empresa.

Que ocorre se o traballador rexeita a notificación ou non a recolle?

A negativa do traballador para recibir a carta de despedimento exime á empresa de tentar outros medios de notificación. Se a empresa acredita o intento de entrega e a negativa do traballador, a notificación considérase válida. Igualmente, se o traballador non recolle a carta en Correos tras recibir o aviso, enténdese cumprida a obrigación de notificación por parte da empresa.

Marta Armada. Responsable do Servizo Laboral de Algalia.

Voltar