Convocante
Deputación Provincial de PontevedraPublicación
Boletín Oficial de Pontevedra
Obxecto
Subvencións dirixidas a financiar as entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro da provincia de Pontevedra que desenvolvan proxectos, programas e actividades centrados en conseguir a igualdade entre mulleres e homes e loitar contra a violencia machista durante o ano 2026.
Beneficiarios
As entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro inscritas na Área de Igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Xunta de Galicia que teñan domicilio fiscal ou establecemento permanente na provincia de Pontevedra e que cumpran todos os requisitos establecidos nas bases da convocatoria.