Convocante
Concello de LugoPublicación
Boletín Oficial de Lugo
Obxecto
Estas bases teñen por obxecto a concesión de subvencións por parte do Concello de Lugo, ás asociacións e entidades xurídico-privadas sen ánimo de lucro para o desenvolvemento, durante o exercicio económico de 2023, de proxectos que beneficien a colectivos no eido da promoción da igualdade de xénero e da diversidade afectivo-sexual.
Existen dúas liñas de subvención:
- En materia de promoción da igualdade de xénero e de promoción da integración da muller:
- Fomento da igualdade de xénero en actividades de ocio, culturais, etc.
- Avanzar cara un municipio libre de violencias machistas en sentido amplo.
- Fomento da participación da muller rural nos ambitos socio-culturais e no ámbito da sensibilización contra a violencia de xénero.
- En materia de promoción da inclusión da diversidade
- Promover os dereitos humanos como modelo para a convivencia social e a inclusión das persoas LGTBIQ+
- Promover a sensibilización, formación e naturalización da diversidade sexual e de xénero das persoas LGTBIQ+
- Orientar e asesorar sobre cuestións legais, educativas, sanitarias, deportivas e sociais a persoas LGTBIQ+ e as súas familias.
- Visibilizar e apoderar ao colectivo LGTBIQ+ no municipio de Lugo.
Beneficiarios
Poderán acollerse a esta convocatoria de subvencións todas as asociacións, entidades ou persoas xurídicoprivadas sen ánimo de lucro que cumpran os seguintes requisitos:
- Estar legalmente constituídas e domiciliadas no concello de Lugo.
- As entidades beneficiarias segundo se trate de asociacións, fundacións ou outras entidades sen ánimo de lucro, deberán estar inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Lugo.
- Estar ao corrente das súas obrigas tributarias estatais, autonómicas, locais e da Seguridade Social.
- Non estar incursas nos supostos previstos nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de Subvencións de Galicia, así como nos 13.2 e 13.3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
- Ter xustificados debidamente os gastos correspondentes a subvencións concedidas con anterioridade polo Concello de Lugo.
- Desenvolver proxectos que beneficien a persoas e/ou colectivos no eido da promoción da igualdade de xénero ou da igualdade afectivo-sexual.
- Desenvolver actividades que complementen a programación de fomento da igualdade de xénero e LGTBIQ+ realizada pola Área de Cohesión Social (Servizo de Igualdade).
- Non percibir, durante este exercicio económico, ningunha subvención municipal das previstas nominativamente, no orzamento xeral de 2023.
- Ter presentado na Oficina de Participación Cidadá o orzamento, memoria de actividades anual e renovación das persoas que formen parte da directiva.
- Non utilizar a imaxe da muller como reclamo e/ou con connotacións de tipo sexual ou denigrante da súa imaxe (acordo plenario 9/124 do día 30 de xuño de 2016).