Convocante
Consellería de Promoción do Emprego e IgualdadePublicación
Diario Oficial de Galicia
Obxecto
Promover a inserción sociolaboral das persoas en situación ou en risco de exclusión social mediante o establecemento de medidas de fomento das empresas de inserción, previamente cualificadas no Rexistro Administrativo de Empresas de Inserción de Galicia, que teñan centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.
A través deste programa establécense os seguintes tipos de axudas para compensar os custos adicionais do emprego de persoas en risco ou situación de exclusión social:
- Asistencia técnica para a creación, mellora e diversificación da EI.
- Inicio e posta en marcha da actividade.
- Creación e ampliación de novos postos de traballo para persoas en inserción.Contratación de xerentes ou persoas técnicas de produción necesarias para garantir a viabilidade da EI.
- Contratación de persoas técnicas en orientación e acompañamento á inserción.
- Formación para as persoas en proceso de inserción.
- Mediación laboral para a inserción no mercado laboral ordinario da persoa en situación ou risco de exclusión social.
Beneficiarios
As entidades promotoras de empresas de inserción e as empresas de inserción inscritas como tales no Rexistro Administrativo de Empresas de Inserción de Galicia, de acordo co disposto no Decreto 178/2022, do 15 de setembro, polo que se regula o procedemento para a cualificación das empresas de inserción de Galicia e o seu rexistro administrativo, e que teñan o centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nas bases reguladoras.