Convocante

Deputación Provincial de Pontevedra

Publicación

Boletín Oficial de Pontevedra

Obxecto

Estas bases teñen por obxecto regular a convocatoria do programa “+Convivencia inclusiva” para o exercicio 2026, así como establecer o procedemento e as condicións que rexerán a
concesión de subvencións destinadas a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro que desenvolvan actuacións de lecer inclusivo no ámbito da discapacidade e da dependencia na provincia de Pontevedra.

Beneficiarios

Poderán solicitar estas axudas as seguintes entidades:

  1. Entidades de iniciativa social que figuren no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS) da Xunta de Galicia, regulado no Decreto 254/2011, de 23 de decembro, nas áreas de dependencia ou discapacidade. En caso de que a información que conste neste rexistro non estivese actualizada, a entidade solicitante deberá comunicalo e achegar a información necesaria.
Voltar