Convocante

Consellería de Política Social e Igualdade

Publicación

Diario Oficial de Galicia

Obxecto

Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de axudas en réxime de concorrencia non competitiva ás persoas titulares de casas niño que iniciasen a súa actividade entre o 1 de outubro de 2016 e o 31 de decembro de 2024, e proceder á súa convocatoria coa finalidade de dar continuidade a este recurso e seguir atendendo as necesidades de conciliación da vida persoal, familiar e laboral das familias nos concellos rurais de Galicia nos que están establecidas co financiamento dos gastos nos anos 2025, 2026, 2027 e ata o 31 de agosto do ano 2028 (código de procedemento BS403G).

Beneficiarios

Poderán optar ás axudas, a través dunha prima e ás axudas de investimento, financiadas con cargo ás aplicacións orzamentarias 08.02.312B.470.0 e 08.02.312B.770.0 respectivamente, as persoas físicas e cooperativas de traballo asociado titulares das casas niño recollidas no artigo 1 que estean en funcionamento e manteñan a súa situación de alta fiscal e na Seguridade Social como persoas traballadoras por conta propia da seguinte maneira:

  1. Para a subvención da anualidade 2025 poderán ser beneficiarias as persoas titulares de casas niño que iniciasen a súa actividade entre o 1 de outubro de 2016 e o 31 de decembro de 2021.
  2. Para a subvención da anualidade 2026 poderán ser beneficiarias as persoas titulares de casas niño que iniciasen a súa actividade entre o 1 de outubro de 2016 e o 31 de decembro de 2022.
  3. Para a subvención da anualidade 2027 poderán ser beneficiarias as persoas titulares de casas niño que iniciasen a súa actividade entre o 1 de outubro de 2016 e o 31 de decembro de 2023.
  4. Para a subvención correspondente ata o 31 de agosto da anualidade 2028 poderán ser beneficiarias as persoas titulares de casas niño que iniciasen a súa actividade entre o 1 de outubro de 2016 e o 31 de decembro de 2024.
Voltar