A área de Consultoría de Algalia formará parte da terceira edición do Programa de Fortalecemento de Organizacións -organizado pola Confederación Plena Inclusión España e financiado polo Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 e a Fundación ONCE- co fin de implementar melloras a curto prazo cun impacto significativo no desenvolvemento das entidades.

Este programa aberto e gratuíto, que ofrece ferramentas prácticas a entidades sen ánimo de lucro, está orientado ao desenvolvemento dunha ética aplicada no labor de apoio a colectivos vulnerables, á optimización da xestión e a provisión de instrumentos cos que mellorar da calidade de vida das persoas beneficiarias dos proxectos que desenvolvan estas asociacións.

En concreto, Algalia acompañará aos participantes, a partir de abril, en tres dos itinerarios ofrecidos na formación: Contabilidade Social, Xestión orzamentaria, e Dirección e Xestión de persoas. Durante este ano ofreceranse un total de 11 itinerarios formativos en liña:

  1. 6 claves para iniciarse na captación de fondos privados.
  2. Contabilidade Social
  3. Xestión orzamentaria
  4. Dirección e xestión de persoas
  5. Deseño de proxectos
  6. Ciclo integral dun proxecto
  7. Contexto e planificación estratéxica
  8. Xestión da participación social
  9. Condutas que nos preocupan: claves para xerar contornas de apoio eficaces e ético
  10. Apoio ás persoas con TEA (introdución)
  11. Desenvolvemento de persoas

Cada un destes itinerarios inclúe 6 sesións de hora e media (9 horas de duración), impartidos en alianza coa Universidade de Valladolid.

Para coñecer máis detalles sobre este programa, accede a esta ligazón

Voltar