O programa “VIRADA Emocións: Mergullando nas emocións”, organizado por Algalia, está deseñado para cultivar e gozar da nosa conciencia emocional.
O seu principal obxectivo é axudarche a desenvolver unha maior conciencia das túas emocións. A través dunha combinación de traballo persoal e grupal, explorarás como as emocións inflúen na túa vida diaria, así como a convivir con elas.
VIRADA Emocións conta tamén con estas motivacións:
- Recoñecer o valor do mundo emocional como unha parte integral da vida en comunidade.
- Entender a relevancia das emocións na nosa vida e desenvolver unha maior conciencia delas.
- Aprender a interpretar as emocións, tanto propias como alleas, e comprender o seu impacto.
- Desenvolver a capacidade de autorregularse emocionalmente sen caer na desconexión ou a racionalización excesiva.
- Aprender a influír en contornas mellorando as relacións a través da empatía, a responsabilidade afectiva ou a ética.
A quen se dirixe?
O Programa VIRADA Emocións está dirixido a persoas que acompañan a outras persoas ou que desenvolven o seu labor na intervención social, persoas con persoas ao seu cargo, liderado de equipos, etc. ou todas aquelas con interese en explorar as emocións.
Celebrarase en datas sinaladas de outubro a decembro de 2025.
En que consiste a súa metodoloxía?
A formación especializada, cunha duración total de 60 horas, combina momentos de reflexión con dinámicas vivenciais e outras técnicas activas. A aprendizaxe enfócase na persoa participante e na dinámica grupal creando unha contorna de aprendizaxe colaborativa e enriquecedora. Nela atoparás diferentes espazos de aprendizaxe:
- Obradoiros vivenciais.
- Obradoiros de contido sobre emocións.
- Tarefas de reflexión entre encontros.
- Xeración de comunidades de aprendizaxe
O número de prazas é limitado, polo que descobre os detalles de VIRADA Emocións neste dossier e contacta connosco para ampliar a información sobre este Programa. O prazo de inscrición finaliza o 17 de setembro.
Miguel Barbosa, responsable do Programa VIRADA Emocións.