HONRADEZ, que se manifesta no compromiso cos valores éticos, na transparencia da información e na confianza depositada nas persoas.
PROFESIONALIDADE, que se manifesta na actualización e adquisición de coñecementos, no rigor e confidencialidade dos servizos que se realizan e na empatía co cliente e a orientación cara a este.
TRABALLO EN EQUIPO, que se manifesta na asertividade, na transmisión do coñecemento e na orientación cara aos resultados.
ADAPTABILIDADE Ao CAMBIO, que se manifesta na innovación, no avance continuo, na escoita activa dos clientes e compañeiros e na observación da contorna e a competencia.
COMPROMISO CO SECTOR DA ECONOMÍA SOCIAL, que se manifesta no respecto, sensibilidade, coñecemento e implicación cos idearios, causas e iniciativas dos clientes.