VIRADA é o referente no que ALGALIA, en colaboración con outras entidades, agrupa as súas propostas formativas de acompañamento a persoas, equipos e organizacións.
Unha organización é un sistema vivo de sistemas vivos, interrelacionados entre se. Entender e poder intervir nas dinámicas que subxacen nos sistemas resolven gran parte das dificultades e conflitos, así como axuda a desenvolver todo o potencial organizativo.
Un equipo é máis que a suma dos seus individuos. É un conxunto de conversacións, tanto internas como coa súa contorna.
Para que un equipo poida ser de alto rendemento débese combinar a orientación á tarefa (obtención de resultados) e o coidado da relación (interaccións saudables).
Temos que asumir con normalidade e responsabilidade que as persoas somos ante todo seres emocionais. As competencias emocionais son necesarias para sentirse ben, dinamizar equipos e relacións, e construír organizacións efectivas.
Virada Liderado
- Programa para o desenvolvemento do liderado en persoas con responsabilidades de dirección ou coordinación.
Virada Equipos
- Programa para el fortalecemento de equipos.
Virada Teal
- Iniciativas para a transformación cultural das organizacións.
Virada Profundización
- Programa avanzado para o desenvolvemento do liderado.
Virada Emocións
- Programa deseñado para cultivar e disfrutar da nosa conciencia emocional.
Coaching
- Acompañamento personal.
- Acompañamento de equipos.
Novas
- Artigos e novas sobre liderado e desenvolvemento de persoas, equipos e organizacións.


