Qué din de nós

¿Por qué elexístedes Algalia? ¿Qué destacaríades desta entidade?


Nós eliximos Algalia pola súa especialización no sector non lucrativo. No seu momento, cando nos constituimos, buscabamos unha xestoría que estivese especializada no noso sector. Non só coñecen a lexislación e a normativa aplicable, sino que entenden a nosa problemática, nosa casuística de xestión, que é moi diferente á dunha empresa. Eles coñecen perfectamente o sector sen ánimo de lucro.


Marta, Fundación EnergyLab


Escollemos Algalia sobre todo porque está moi especializada no Terceiro Sector. Comprende as nosas necesidades máis que calquera outra asesoría de ámbito xeneralista.


Javier, Asociación Aspas


Algalia para nós é a entidade de asesoramento que nos acompañou desde que nacemos ata hoxe. Eu destacaría de Algalia a capacidade de ir adaptándose ás necesidades de, neste caso, a nosa asociación. Non só adaptándose senón adiantándose para asesorarnos en cómo conseguir aquelo que nós pretendiamos.


Ciano, Asociación San Xerome Emiliani


Servizo laboral : ¿Qué destacarías deste servizo?


Pois destaco a axilidade nos trámites, o asesoramento, o constante contraste de información nun ámbito tan complexo como o das relacións laborais.


Javier, Asociación Aspas


É un servicio que está bastante posto ao día en todo este tema do convenio, das relacións laborais. A rapidez, o coñecemento do tecido e da forma de funcionar.


Antonio, Fademga


Falando en xeral, ¿qué é o que máis valoras nunha asesoría-consultoría?


A involucración na resolución dos problemas e co noso propio equipo. Para EnergyLab, Algalia máis que proveedor é un partner, é parte do equipo. Eles non te plantexan solucións aos problemas que ti lles plantexas, senón que se involucran na resolución dos mesmos coma se fosen parte do propio equipo e como se o problema fose seu. Esa xeito de traballar é de agradecer: a mellor maneira de atopar solucións es tomar os problemas como propios.


Marta, Fundación EnergyLab


O trato personalizado. A relación directa cos asesores e consultores, a dispoñibilidade.


Javier, Asociación Aspas


A actitude cara o cliente. Sobre todo o coñecemento da realidade do cliente e saber adaptarse a ela e dar respostas máis acertadas ao perfil e á realidade legal, organizativa, etc.


Levi, Esclavas de la Virgen Dolorosa


A cercanía, as personas danme unha confianza no trato, na maneira que teñen de tratarnos. Algalia non é esa asesoría fría, é personal formado. A mí danme unhas garantías, gústanme.


Lola, Asociación Aspaber


Asesoría

 

Consultoría