O equipo de asesoría de ALGALIA quere achegar o seu grao de area neste momento de esforzo común, e desde hoxe pon a disposición pública un recurso en formato de folla de Excel para identificar:
- a normativa de aplicación vixente de eido estatal (BOE) e autonómico galego (DOG). Descargar
- outros contidos centrados nas cuestións máis vencelladas co eido de política social. Descargar
Dende aí podedes atopar, con ou sen filtros, a información que vos interese. O documento actualizarase permanentemente desde ALGALIA para ter sempre dispoñibles as regras de xogo vixentes, máis os criterios e instrucións e recursos de apoio dispoñibles en cada momento. Tentaremos facelo a diario. En todo caso, iremos ao ritmo que nos marque a propia realidade.
Esta información será coordinada polo servizo xurídico de Algalia, a través do noso asesor legal, Santiago Míguez. Ademáis pretende contar coa vosa colaboración non só como usuaria, senón como construtora:
- Se queredes remitir algún contido, podes facelo chegar a [email protected], e avaliaremos a súa inclusión no seguinte documento actualizado.
- Se detectades algún enlace que xa non funciona ou está obsoleto ou ten algún erro, igualmente agradecemos nolo fagades chegar a [email protected], e revisarémolo para a seguinte actualización.
Confiamos en que sexa do voso interese e de utilidade, e, se queredes e podedes, agradecemos a túa colaboración en interese común.
Equipo de asesoría de Algalia