Consultoría económica

Escoitamos

“Ao final teño unha contabilidade, unhas aplicacións, cumpro coas miñas obrigacións contables e fiscais, pero non teño información económica para fundamentar as decisións que hei de tomar”.

“Non teño claro se nos temos que meter neste novo proxecto. Afectará o  resto de servizos? A partir de que momento será viable?”.

“Necesito saber como evoluciona o meu custo-praza nos diferentes servizos que presto. Teño claro que é un dos meus indicadores de referencia, pero non me fío dos datos que estou a manexar”.

Propoñemos

Traballamos convosco nun proceso de análise dos problemas económicos, obtendo a información necesaria para identificar unha selección de alternativas e que poidades tomar decisións

  • A orientación das nosas propostas de actuación focalízase no proceso de toma de decisións, co cal coidamos especialmente a información e o acompañamento aos responsables.
  • Incorporamos as aplicacións de xestión dunha forma integral e integrada dentro dos procesos habituais que existen na administración dunha organización. Buscaremos nas nosas propostas de actuación a coherencia coa estratexia.
  • Escoitaremos os vosos coñecementos, emocións, xuízos e crenzas que residen nas vosas   persoas e equipos. E desde o máximo respecto seremos facilitadores de cambio.

Acordamos

  • Estudos de situación económica da entidade ou dalgunha liña de servizos.
  • Elaboración de plans de negocio e de viabilidade.
  • Optimización dos departamentos de administración da entidade a través de melloras tecnolóxicas e de procesos.

Algúns clientes

ASOCIACIÓN BATA

Estudo económico e xurídico programa emprego

LIMPIADORES ESPECIALISTAS INTEGRADOS S.L.

Acompañamento na reorganización empresarial

FUNDACIÓN ISLA COUTO

Estudio mecenado

FUNDACIÓN ENERGYLAB

Plan de viabilidade dun servizo

FUNDACIÓN CIDADE DA CULTURA 

Implantación melloras no departamento de administración

ASOCIACIÓN ASPAS

Estudo económico dun servizo

Voltar