Asesoramento legal

Escoitamos

“Necesito un servizo xurídico especializado na forma xurídica da miña organización”.

“Necesito mellorar a capacidade negociadora nos meus conflitos”.

“Quero asesoramento  en concursos públicos e na xestión de subvencións e convenios”.

“Podédesvos encargar da xestión do Padroado e Protectorado?.

Propoñemos

Un enfoque integral e baseado en solucións efectivas ante as esixencias normativas e cunha orientación que facilite decisións estratéxicas ou tácticas.

  • Centrámonos en: Economía social, Administración Pública, Propiedade Intelectual e Novas Tecnoloxías, Civil e Penal.
  • Ofrecemos diversas modalidades de servizos, desde avinzas, ata servizos puntuais e desde asesoramento ata secretarías de órganos de goberno.
  • Dispoñemos de experiencia dilatada no asesoramento legal en entidades de economía social.
  • Combinamos traballo no noso despacho con visitas presenciais de acordo ás necesidades de asesoramento na tóma de decisións do cliente.

Acordamos

  • Asesoramento xurídico regular.
  • Consultas e informes xurídicos.
  • Secretaría xurídica dos órganos de goberno.
  • Asistencia a litixios.
Voltar