A ética como referente nas organizacións

Con este título, a área de Estratexia e Formación de Algalia facilitou a realización dun obradoiro de catro horas de traballo para 25 profesionais da Asociación Autismo Burgos o 21-06-2011. Os obxectivos desta acción formativa de reflexión conxunta foron os seguintes:

  • Refrescar o contido dos referentes axiolóxicos que operan no sector da discapacidade e na Asociación Autismo Burgos.
  • Reflexionar sobre o alcance dos referentes axiolóxicos no desempeño profesional no ámbito da atención a persoas con discapacidade.
  • Contribuír ao desenvolvemento na Asociación Autismo Burgos dunha cultura organizativa asentada en referentes éticos.
  • Identificar os novos retos que presenta á intervención con persoas con trastorno do autismo e as súas familias, o desenvolvemento organizativo dos referentes éticos da entidade.
  • Estimular o aliñamento do desempeño dos profesionais cos referentes éticos formulados na entidade.

Os participantes tiveron a oportunidade de avanzar na definición e afondamento da carta de valores da entidade, e para axustar a redacción dos valores esenciais compartidos, seguiron as recomendacións que fan Salvador García e Simon Dolan Na dirección po valores.

  1. Poucos, e fáciles de lembrar.
  2. Asociados a unha breve definición.
  3. Significativos para a estratexia da organización.
  4. Escollidos de forma participativa.
  5. Significativos para as necesidades dos profesionais.
  6. Transmitidos mediante un proceso específico de comunicación e formación.
  7. Percibidos como algo polo que paga a pena comprometerse libremente.
  8. As persoas séntense cómodas ao participar en rituais derivados deles.
  9. Coherencia entre teoría e práctica directamente proporcional ao nivel xerárquico.
  10. Grao de cumprimento avaliado periodicamente e asociado a recoñecemento e outras recompensas.
  11. Convertidos en obxectivos de acción medibles.
  12. Cuestionados e reformulados periodicamente.

Un bo exemplo de formulación de valores esenciais compartidos ofrécenoo Cruz Vermella. 

David Pereiro
Socio consultor de Algalia Servizos para o Terceiro Sector

 

Voltar