Convocante

Concello de Ourense

Publicación

Boletín Oficial de Ourense

Obxecto

Estas bases teñen por obxecto regular o procedemento da concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva para o curso escolar 2017/18, con destino ao fomento das actividades extraescolares organizadas polas federacións e asociacións de pais e nais de centros escolares radicados no termo municipal de Ourense.

Beneficiarios

Poderán solicitar as subvencións reguladas nestas bases e convocatoria, as federacións e asociacións de nais e pais de centros escolares con domicilio social no Concello de Ourense e que figuren inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Ourense ao finalizar o prazo de presentación de solicitudes.

Volver