Convocante

Consellería de Sanidade

Publicación

Diario Oficial de Galicia

Obxecto

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar axudas, en réximede concorrencia competitiva, ás entidades privadas sen ánimo de lucro para a realización de programas de incorporación social desenvolvidos en vivendas durante o ano 2022, segundo a Orde do 25 de xaneiro de 2008 pola que se regulan os requisitos específicos que deben cumprir os centros de inclusión e emerxencia social, destinados a persoas afectadas por distintos tipos de adiccións que estean participando nun programa terapéutico de rehabilitación nas unidades de atención a drogodependencias incluídas no Circuíto de asistencia sanitaria aos trastornos adictivos en Galicia.

A súa finalidade é apoiar as persoas que seguen un tratamento de deshabituación de trastornos adictivos para facilitar a súa incorporación social e promover unha vida autónoma en ámbito residencial.

Beneficiarios

Para ser beneficiaria das axudas publicadas nesta orde deberanse acreditar entre outros os seguintes requisitos:

  1. Ser unha entidade sen ánimo de lucro inscrita no Rexistro de Entidades Colaboradoras do Plan de Galicia sobre Drogas creado polo Decreto 74/2002, do 28 de febreiro.
  2. Ser titular ou responsable dunha vivenda de apoio á incorporación social de pacientes estabilizados/as nas unidades asistenciais de drogodependencias.
Volver