Convocante

Concello de Vigo

Publicación

Boletín Oficial de Pontevedra

Obxecto

A finalidade destas axudas é a de fomentar o emprego en colaboración coas entidades sen ánimo de lucro, co fin de reforzar a súa capacidade de autoorganización e posibilitar o fortalecemento do tecido social e a promoción da calidade de vida e benestar social da cidadanía. Con esta medida preténdese reducir, nestes anos de crise, a porcentaxe de desempregados/as na cidade mediante a contratación do maior número de postos de traballo a través da colaboración coas organizacións con presencia na cidade de Vigo, de tal xeito que se mellore a prestación de servizos de información, formación e asesoramento ás persoas en situación de desemprego cara a busca de emprego, o autoemprego e o fomento do emprendemento.

Beneficiarios

Poderán concorrer a esta convocatoria pública as asociacións veciñais, culturais, sindicais, sociais, deportivas, comunidades de montes e entidades empresariais, sen ánimo de lucro,  que fomenten o emprego, o asociacionismo e a participación cidadá e teñan como ámbito de actuación o termo municipal de Vigo.

Volver