Convocante
Deputación Provincial de PontevedraPublicación
Boletín Oficial de Pontevedra
Obxecto
O obxecto destas subvencións e a de apoiar proxectos, programas e actividades para a igualdade entre mulleres e homes e a loita contra a violencia machista na provincia de Pontevedra durante o ano 2018.
Beneficiarios
Poderán beneficiarse destas subvencións as entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro que desenvolvan as actuacións reguladas nesta convocatoria e que cumpran os seguintes requisitos:
- Estar inscritas na área de Igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Xunta de Galicia.
- Carecer de fins de lucro
- Ter a súa razón social ou unha delegación na provincia de Pontevedra
- Non estar incursas en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas e non incorrer en ningún dos casos de prohibición para percibir subvencións recollidos na lei
- Estar ao corrente coas obrigas tributarias coa Axencia Estatal Tributaria, a Facenda galega, a Seguridade Social e a Deputación