Convocante

Consellería de Política Social

Publicación

Diario Oficial de Galicia

Obxecto

Esta orde ten por obxecto o establecemento do réxime de concesión de axudas ás entidades de iniciativa social que,  levan a cabo a atención ás persoas nos centros de inclusión e emerxencia social e desenvolven programas e/ou prestan servizos na área de actuación dos servizos sociais comunitarios, de inclusión e, especificamente, da inclusión social e laboral da poboación inmigrante, e realizar a súa convocatoria para os exercicios 2020, 2021 e 2022.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias das subvencións reguladas nesta orde as entidades de iniciativa social, sempre e cando reúnan os seguintes requisitos:

  • Estar inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais.
  • Carecer de ánimo de lucro.
  • Ter o seu domicilio social en Galicia ou delegación na Comunidade Autónoma.
Volver