Convocante

Axencia Galega das Industrias Culturais

Publicación

Diario Oficial de Galicia

Obxecto

A finalidade destas axudas é promover a escrita de guións orixinais ou adaptacións literarias, en calquera dos dous idiomas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia, para longametraxes cinematográficas de ficción ou animación e series de ficción para televisión, de autoría galega, que permitan seguir impulsando un marco de actuación cultural do sector audiovisual baseado en tres premisas substanciais:

  1. O apoio á creación de contidos audiovisuais de calidade e con vocación de difusión internacional.
  2. A consolidación de industrias audiovisuais competitivas, con posibilidades de exportar e dar rendibilidade social e económica á cultura galega.
  3. A busca da excelencia nos produtos culturais galegos, coa posta en valor da cultura galega a través da creación e divulgación de produtos audiovisuais galegos.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias destas axudas:

  • As persoas físicas que poidan acreditar a súa vinculación previa coa realización dunha obra audiovisual ou formación académica no ámbito da creación ou produción audiovisual, ou ben a súa participación en cursos ou obradoiros relacionados coa creación audiovisual e desenvolvan a súa actividade habitual maioritariamente en Galicia. Ademais, non poderán figurar como directores/as ou guionistas de series para TV ou asinar a autoría de máis de dúas longametraxes que figuren cualificadas na base de datos do ICAA para a súa estrea comercial.
  • As persoas físicas (autónomas) que se encontren de alta na epígrafe do IAE 864 no momento de presentar a solicitude, desenvolvan a súa actividade habitual maioritariamente en Galicia e que acrediten ter participado como guionista.
  • Así mesmo, poderán ser persoas beneficiarias desta subvención as agrupacións de dúas persoas físicas sempre que ambas se poidan encadrar na mesma tipoloxía de persoas beneficiarias descritas nos puntos anteriores e non constitúan personalidade xurídica.
Volver