Convocante

Concello de Toén

Publicación

Boletín Oficial de Ourense

Obxecto

O obxecto das presentes bases é a regulación da tramitación e concesión, por parte do Concello de Toén, mediante convocatoria pública e a través do procedemento de concorrencia competitiva, de subvencións a asociacións de veciños e outras entidades
sen ánimo de lucro que desenvolvan a súa actividade dentro do termo municipal de Toén.

Os programas para os que se solicita a subvención deberán
referirse a:

  1. Actividades de carácter sociocultural, deportivo, recreativo ou formativo.
  2. Actividades de promoción do asociacionismo e da participación cidadá na vida pública.
  3. Actividades de fomento do desenvolvemento sustentable e aquelas accións encamiñadas á utilización das novas tecnoloxías.
  4. Actividades de promoción da igualdade entre mulleres e homes e prevención da violencia de xénero.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios as asociacións e demais entidades sen ánimo de lucro, con domicilio social no Concello de Toén, sempre que estean inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Toén cunha antigüidade de como mínimo seis meses de antelación á aprobación destas bases.

Volver