Convocante

Deputación Provincial de Pontevedra

Publicación

Boletín Oficial de Pontevedra

Obxecto

O obxecto destas axudas é promover, fomentar e difundir as actividades culturais, que se leven a cabo entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2021, que organicen as entidades culturais sen fins de lucro no seu ámbito territorial e, excepcionalmente, fóra deste cando teñen relevancia para os intereses provinciais, en especial, as actividades dirixidas á reivindicación e difusión do patrimonio material e inmaterial da provincia de Pontevedra, entre as que podemos sinalar: actividades para a posta en valor do patrimonio inmaterial propio das vilas e comarcas da nosa provincia, festivais, mostras, encontros, certames culturais, etc.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades xurídicas que: carezan de fins de lucro, desenvolvan as súas actividades no ámbito territorial da provincia de Pontevedra, non estean incursas en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para percibir subvencións públicas, non estean incursas en ningunha das prohibicións para percibir subvencións recollidas na lei e que estean ao corrente coas obrigas tributarias coa Seguridade Social, coa Facenda autonómica e coa Deputación.

Volver