Convocante

Concello de Lugo

Publicación

Boletín Oficial de Lugo

Obxecto

A finalidade destas subvencións é cofinanciar parcialmente proxectos e/ou actividades desenvolvidas durante o exercicio económico 2021, consideradas de interese para a promoción económica do municipio ou de utilidade pública para o Concello de Lugo no eido do fomento e da dinamización da actividade económica, empresarial, comercial, do emprego e da hostalería no municipio de Lugo.

Preténdese dar soporte ás entidades que leven a cabo proxectos de fomento, sensibilización, formación, información e asesoramento sobre a cultura emprendedora, a dinamización económica, o aproveitamento de recursos, a posta en valor do territorio, o fomento do emprendemento e a creación de emprego no municipio de Lugo.

Beneficiarios

Poderán acollerse a esta convocatoria de subvencións as asociacións e entidades sen ánimo de lucro, legalmente constituidas e así mesmo inscritas nos rexistros correspondentes, que tendo a súa sede e domicilio social en Lugo, teñan recoñecidos nos seus fins estatutarios a realización de actividades de fomento, promoción económica, comercio, formación empresarial e para o emprego, comercial, empresarial, hostalería e/ou creación de emprego a través de proxectos que pretenden a mellora económica do municipio de Lugo e a creación de emprego, autoemprego e creación de empresas do municipio de Lugo, e que cumpran os requisitos da Base núm.2.

Volver