Convocante

Concello de Tomiño

Publicación

Boletín Oficial de Pontevedra

Obxecto

A presente convocatoria ten por finalidade promover  a concesión de subvencións entre as entidades deportivas sen fins de lucro e os deportistas individuais do Concello de Tomiño, que reúnan os requisitos establecidos nesta convocatoria específica de subvencións, co obxecto de fomentar o deporte e a práctica deportiva, para a
participación en competicións oficiais e o desenvolvemento de actividades deportivas durante o ano 2018.

Beneficiarios

No caso de entidades deportivas, poderán ser beneficiarias da subvención os clubs e entidades federadas que participen regularmente en competicións oficiais organizadas polas respectivas federacións deportivas.

No caso de deportistas individuais, poderán ser beneficiarios da subvención os deportistas do Concello de Tomiño recoñecidos a nivel galego, estatal e internacional.

Volver