Convocante

Concello de Lugo

Publicación

Boletín Oficial de Lugo

Obxecto

Estas bases regulan a concesión de subvencións a organizacións non gobernamentais de desenvolvemento (ONGD) para a execución de proxectos de sensibilización social dentro do termo municipal do Concello de Lugo.

A finalidade da convocatoria é financiar a realización de accións e proxectos que conteñan accións de sensibilización, información e educación para o desenvolvemento. Enténdese por tales as executadas no Concello de Lugo que estean dirixidas a fomentar o espírito de solidariedade, melloren o coñecemento e información sobre a problemática dos países menos desenvolvidos, estimulen a participación da cidadanía lucense nas tarefas de cooperación internacional e desenvolvemento dos pobos.

Beneficiarios

Poderán solicitar as subvencións para a realización de proxectos de sensibilización social as organizacións non gobernamentais de desenvolvemento que reúnan os seguintes requisitos:

  1. Estar legalmente constituídas e inscritas no Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento creado pola Xunta de Galicia en virtude do Decreto 326/2004, do 29 de decembro, polo que se regulan os órganos de coordinación e asesoramento en materia de cooperación ao desenvolvemento e polo que se crea o Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o desenvolvemento, modificado polo Decreto 90/2011, do 5 de maio.
  2. Carecer de ánimo de lucro e non depender economicamente ou institucionalmente de entidades lucrativas.
  3. Ter entre os seus fins institucionais expresos, segundo os seus propios estatutos, a realización de actividades relacionadas coa sensibilización social, fomento da solidariedade entre os pobos, cooperación social ou actividades análogas.
  4. Ter xustificadas en prazo e de acordo coas bases reguladoras de cada convocatoria as subvencións concedidas, con anterioridade polo Concello de Lugo, para o cumprimento de fins análogos, durante os dous exercicios económicos anteriores
  5. Estar ao corrente das súas obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, Conselleríade Facenda, coa Tesourería Territorial da Seguridade Social e co Concello de Lugo.
  6. Non estar incurso en prohibición para obter a condición de beneficiario/a de subvencións de conformidade co artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e o artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
Volver