Convocante

Concello de Cangas

Publicación

Boletín Oficial de Pontevedra

Obxecto

Estas subvencións están destinadas ao apoio ás entidades e clubs deportivos sen ánimo de lucro na realización de actividades derivadas da participación en ligas ou competicións oficiais de ámbito comarcal, provincial, autonómico ou nacional, durante a tempada 2016/17 ou ano 2017.

Beneficiarios

Poderán solicitar esta subvención os clubs ou Entidades Deportivas Federadas con sede social no Municipio de Cangas e que figuren inscritos no Rexistro Xeral de Asociacións, Clubs/ Entidades Deportivas do Concello de Cangas que carezcan de fins de lucro e estean ao corrente coas obrigacións tributarias da Axencia Estatal Tributaria, coa Facenda Galega, coa Seguridade Social e co Concello de Cangas, e non estean incursos en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para percibir axudas ou subvencións públicas.

Volver