Convocante

Concello de Irixoa

Publicación

Boletín Oficial de A Coruña

Obxecto

Estas bases teñen por obxecto establecer os criterios e o procedemento para conceder as subvencións municipais do ano 2017, de acordo cos principios legais para prestar os servizos e realizar as actividades que complementen ou suplan aos atribuídos á competencia municipal, ou que contribúan ao fomento dos intereses xerais ou sectoriais dos veciños do municipio.

Serán obxecto de subvención especialmente os seguintes ámbitos de actuación: cultura, educación, formación agropecuaria, mantemento de edificios e deporte; poderán incluírse facturas de subministros, pequenas obras e adquisicións, gastos de funcionamento xeral, etc. en relación aos citados ámbitos. En ningún caso se subvencionarán excursións e festas gastronómicas ou comidas.

Beneficiarios

Poderán optar a estas subvencións as familias e as entidades ou asociacións xuridicamente constituídas e inscritas no rexistro municipal de entidades veciñais do concello, e os comités organizadores, debendo cumprir os seguintes requisitos:

  1. Carecer de fins de lucro.
  2. Desenvolver a súa actividade dentro do termo municipal de Irixoa, ou con beneficio evidente para o seu vecindario.
  3. Non ter pendente de xustificar as subvencións municipais concedidas nos exercicios anteriores
Volver