Convocante

Concello de Vigo

Publicación

Boletín Oficial de Pontevedra

Obxecto

O obxecto destas subvencións  é contribuír a financiar os gastos ocasionados polo funcionamento das entidades deportivas da cidade e a súa actividade deportiva durante a tempada deportiva 2020/2021 ou durante o ano 2021 nas modalidades cuxa tempada deportiva se corresponda co ano natural.

Beneficiarios

Poderán solicitar e obter estas axudas os clubs deportivos, asociacións e agrupacións deportivas, e entidades deportivas que desenvolvan o seu proxecto deportivo na cidade de Vigo, teñan personalidade xurídica propia, carezan de ánimo de lucro e cumpran os requisitos que establecen as presentes bases e convocatoria.

Volver