Convocante
Concello de ArzúaPublicación
Boletín Oficial de Pontevedra
Obxecto
Con cargo ás correspondentes dotacións orzamentarias, o obxecto das axudas e subvencións comprenderá para o presente ano 2016:
- Promoción de actividades culturais: actividades como celebracións, homenaxes, exposicións, publicacións, concursos, certames, mostras, excursións, eventos musicais, encontros, conferencias, estudos, e en xeral, calquera actividade de conservación, promoción ou divulgación dos valores culturais, a realizar por asociacións veciñais ou culturais que realicen actividades de carácter cultural, segundo se desprenda dos seus estatutos.
Beneficiarios
Poderán concorrer e optar a estas subvencións as entidades, organismos ou asociacións xuridicamente constituídas que cumpran os seguintes requisitos e fins:
- Carecer de fins de lucro.
- Estar debidamente inscritos no Rexistro Municipal de Asociacións e Entidades do Concello nos termos previstos no artigo 236, parágrafos 2, 3 e 4 do vixente ROF; ou telo solicitado na data da petición. Este requisito non será esixible para o caso dos Centros de Educación.
- Non ter débedas co Concello de Arzúa por calquera concepto.