Convocante

Concello de Barbadas

Publicación

Boletín Oficial de Ourense

Obxecto

Subvencións municipais dirixidas ao apoio e promoción da Cultura en todas as súas facetas, de acordo cos principios de publicidade, transparencia, obxectividade, libre concorrencia, non discriminación e igualdade, para a realización de actividades que contribúan ao fomento dos intereses xerais ou sectoriais dos veciños e veciñas do concello.

Beneficiarios

Serán beneficiarios desta subvención asociacións e entidades culturais sen ánimo de lucro, que estean debidamente rexistradas no Concello de Barbadás, que realicen actividades culturais que complementen as atribuídas á competencia municipal e, n xeral, contribúan ao fomento dos intereses culturais peculiares do municipio.

Volver