Convocante

Presidencia da Xunta de Galicia

Publicación

Diario Oficial de Galicia

Obxecto

Esta resolución ten por obxecto establecer subvencións ás empresas xornalísticas que, estando debidamente inscritas no Rexistro Mercantil ou no que corresponda segundo a forma empresarial que adopten, realicen a súa actividade informativa orientada a alentar a defensa da identidade de Galicia, a promoción dos seus valores, a normalización da lingua e a defensa da súa cultura, e efectuar a convocatoria para o ano 2023.

Beneficiarios

As beneficiarias destas axudas serán as empresas xornalísticas que publiquen ou difundan informacións, programas, artigos, reportaxes, colaboracións ou seccións que cumpran co obxecto destas axudas e co resto dos requisitos establecidos nesta resolución.

As empresas beneficiarias deben acreditar un cadro medio de traballadores en alta de polo menos cinco traballadores e elaborar e difundir toda ou parte da súa produción informativa de forma específica no territorio da Comunidade Autónoma no ano natural anterior ao da convocatoria.

Volver