Convocante
Consellería de Economía Empleo e IndustriaPublicación
Diario Oficial de Galicia
Obxecto
Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras, así como a convocatoria para o ano 2017, das axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas mixtos de emprego e formación (obradoiros de emprego), dirixidos a mellorar a ocupabilidade, a cualificación e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Beneficiarios
Os proxectos que se financien ao abeiro desta convocatoria poden ser promovidos por:
- As entidades locais ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a unha Administración local, cuxa titularidade corresponda integramente a ela.