Convocante
Deputación Provincial de PontevedraPublicación
Boletín Oficial de Pontevedra
Obxecto
A finalidade de este programa é crear espazos de participación para as entidades da provincia de Pontevedra onde poidan compartir experiencias e poñer en valor o patrimonio natural, artístico, etnográfico e cultural de proximidade.
Beneficiarios
Poderán solicitar estas axudas as entidades de iniciativa social, asociacións de mulleres, asociacións de maiores, asociacións veciñais e culturais e ANPA que teñan a sede social ou unha delegación na provincia de Pontevedra.
Observacións
O prazo para a presentación de solicitudes será do 15 de abril do 2024 a 1 de decembro de 2024.