Convocante
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación UniversitariaPublicación
Diario Oficial de Galicia
Obxecto
A presente orde establece as condicións, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, para o acceso ás axudas para consolidar, estruturar e especializar as unidades de investigación máis competitivas do Sistema galego de I+D+i mediante as seguintes modalidades:
- Modalidade A: grupos de referencia competitiva (anexo I)
- Modalidade B: grupos con potencial de crecemento (anexo II)
- Modalidade C: redes de investigación ( anexo III)
- Modalidade D: proxectos de persoal investigador con traxectoria excelente (anexo IV)
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarias das axudas das modalidades A, B, C e D as entidades sinaladas a continuación e destinaranas aos seus grupos de investigación, recoñecidos como tales polas distintas entidades, ás redes que se conformen e ao persoal investigador que proceda, que cumpran na data de publicación desta convocatoria os requisitos establecidos nos anexos I, II, III e IV (segundo cada caso):
- As universidades do SUG.
- Os organismos públicos de investigación de Galicia.
- As fundacións de investigación sanitaria de Galicia.
- Os centros do CSIC e do IEO radicados en Galicia.