Convocante

Concello de Santiago

Publicación

Boletín Oficial de A Coruña

Obxecto

A presente liña de axudas trata de fomentar a cultura da innovación no pequeno comercio, como ferramenta fundamental para incrementar a súa competitividade empresarial, subvencionando aqueles investimentos relacionados coa incorporación de novos productos, procesos, métodos de comercialización ou de organización empresariais. Esta convocatoria de axudas vai destinada a financiar os investimentos realizados, sempre e cando non sexan gastos de natureza corrente.

Beneficiarios

Poderán resultar beneficiarias as persoas físicas ou xurídicas, ou sociedades civís, legalmente constituídas, que compran os seguintes requisitos:
Que a súa actividade principal estea incluída nalgunha das agrupacións ou epígrafes correspondentes á clasificación do imposto de actividades económicas relacionadas no anexo II. A data de alta deberá ser anterior á data de publicación desta convocatoria no BOP.
Os requisitos deben cumprise no momento da data de finalización do prazo de solicitudes.

Volver