Convocante

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

Publicación

Diario Oficial de Galicia

Obxecto

Estas subvencións teñen por obxecto financiar a realización de programas de actividades de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e rexeitamento da violencia contra as mulleres, dirixidas ao alumnado de centros educativos non universitarios, ás familias, ás anpas e á comunidade educativa, en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Beneficiarios

  1. Solicitude individual: poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta convocatoria as asociacións de nais e pais de alumnado (anpas) dos centros educativos sostidos con fondos públicos que, con anterioridade ao remate do prazo de presentación de solicitudes, estean legalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Asociacións da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
  2.  Solicitude conxunta: tamén poderán ser entidades beneficiarias as federacións e confederacións de asociacións de nais e pais e a solicitude de dúas ou máis anpas que seagrupen para solicitar e xestionar conxuntamente as actuacións obxecto desta convocatoria que, con anterioridade ao remate do prazo de presentación de solicitudes, estean legalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Asociacións da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
Volver