Convocante

Conselleria de Educacion, Universidade e Formación Profesional

Publicación

Diario Oficial de Galicia

Obxecto

A través desta orde preténdese seleccionar novos centros para a súa incorporación ao Plan de mellora de bibliotecas escolares, así como apoiar a continuidade deste programa mediante a concesión de novas contías aos centros educativos incluídos en anteriores convocatorias, sempre que a través do seguimento que se realiza desde a coordinación do programa, e moi especialmente a través da memoria correspondente ao curso 2019/20, acaden unha valoración positiva.

Beneficiarios

Centros privados concertados interesados en participar nalgunha das seguintes liñas de axuda:

  1. Plan de mellora de bibliotecas escolares-concertados (continuación das axudas á actualización das bibliotecas escolares iniciadas en 2016 e incorporación ao Plan de mellora de bibliotecas escolares).
  2. Clubs de lectura-concertados (vinculados á biblioteca escolar, que se realizarán fóra das aulas, é dicir, do tempo das materias) e destinados a alumnado de ensinanza secundaria obrigatoria.
  3. Radio na biblio-concertados (laboratorio de radio, vinculado á biblioteca escolar en centros xa integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares durante o curso 2019/20).
  4. Biblioteca inclusiva-concertados (melloras para a accesibilidade concretadas no mobiliario, equipamento e colección das bibliotecas escolares de centros ordinarios que contan con unidades concertadas de educación especial).
Volver