Convocante

Concello de O Barco de Valdeorras

Publicación

Boletín Oficial de Ourense

Obxecto

O obxecto da presente convocatoria é a concesión, para o ano 2016 ( curso escolar 2015-2016), de subvencións a asociacións de nais e pais de alumnos que teñan a súa sede no municipio do Barco de Valdeorras e estean legalmente constituídas.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias ás asociacións ou entidades que cumpran os seguintes requisitos;

  • Estar legalmente constituídas como mínimo no ano 2015, e terse adaptado á Lei de asociacións (Lei orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación).
  • Ter a sede social no municipio do Barco de Valdeorras.
  • Carecer de fins lucrativos.
  • Ter cumprido coas obrigas que se deriven das presentes bases e ademais, non ter débedas contraídas coa Seguridade Social, nin coas Facendas estatal, autonómica e local.
Volver