Convocante

Concello de O Barco de Valdeorras

Publicación

Boletín Oficial de Ourense

Obxecto

O obxecto desta convocatoria é a colaboración do concello coas ANPAS para a realización de proxectos de interese para a comunidade educativa que sexan desenvolvidos en cada centro escolar de maneira complementaria á actividade regrada e atendendo situacións de necesidade.

Para tal fin regúlase a concesión de subvencións a asociacións de nais e pais de alumnos que teñan a súa sede no municipio do Barco de Valdeorras, e estean legalmente constituídas, para o ano 2017 (curso escolar 2016-2017)

Beneficiarios

Poden ser obxecto de subvención aqueles proxectos desenvolvidos por ANPAS ao longo do ano natural 2017, aínda que pertenzan á programación de dous cursos escolares distintos, cuxas actividades complementen ou suplan as competencias en materia de educación do Concello do Barco de Valdeorras, mediante a realización de programas xerais ou específicos que sirvan para completar ou reforzar os servizos no seu ámbito territorial, así como o apoio económico aos gastos de funcionamento da ANPA.

Volver