Convocante

Concello de Carballo

Publicación

Boletín Oficial de A Coruña

Obxecto

Estas subvencións teñen por obxecto colaborar coas asociacións de pais e nais dos colexios e/ou institutos de Carballo para a realización do programa de actividades educativas de carácter cultural do ano 2017 (celebradas entre o 1 de xaneiro e o 10 de outubro de 2017).

Beneficiarios

Poderán solicitar estas subvencións as asociacións de pais e nais dos colexios de 2º ciclo de educación infantil, primaria e institutos de educación secundaria de Carballo, xuridicamente constituídas, rexistradas no Concello de Carballo, sempre que cumpran, ademais, os seguintes requisitos:

  • Desenvolver un programa de actividades educativas de carácter cultural.
  • As actividades non persigan finalidades estrictamente de lucro.
  • O ámbito de actuación sexa o término municipal de Carballo.
  • Teñan a súa sede social no municipio e realicen as súas actividades culturais no mesmo.
  • Non ter pendente de xustificar ningunha subvención ou axuda económica co Concello correspondente a exercicios
    anteriores.
Volver