Convocante
Consellería de Economía, Emprego e IndustriaPublicación
Diario Oficial de Galicia
Obxecto
Estas bases reguladoras teñen por obxecto fixar os criterios e requisitos para a concesión de axudas do programa do bono renova nos negocios das persoas traballadoras autónomas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia desde o 1 de xaneiro de 2020 ata o 30 de setembro de 2020.
A finalidade deste programa é a concesión de axudas económicas para a realización dunha remuda xeracional ordenada nos negocios das persoas traballadoras autónomas.
Beneficiarios
Serán persoas beneficiarias destas axudas a persoa traballadora autónoma que vai transmitir o seu negocio por cese, e que no momento da transmisión estea nalgunha das situacións reflectidas nestas bases no momento da transmisión do negocio.