Convocante
Consellería de Economía, Emprego e IndustriaPublicación
Diario Oficial de Galicia
Obxecto
Estas bases teñen por obxecto fixar os criterios e requisitos para a concesión de axudas a persoas traballadoras por conta propia ou autónomas que unha vez finalizada o seu período de descanso por nacemento contraten a unha persoa para ampliar a súa conciliación da vida familiar e laboral.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas traballadoras que estean dadas de alta no réxime especial da Seguridade Social de persoas traballadoras por conta propia ou autónomas, que teña o seu centro de traballo (ou domicilio social, no caso de carecer deste) na comunidade autónoma de Galicia, que gozasen dun período de descanso por nacemento e que no prazo dos quince días seguintes á súa finalización realicen un contrato a unha persoa traballadora por conta allea.
Tamén serán beneficiarias as sociedades e comunidades de bens que realicen unha contratación nas mesmas.